Organización do Curso 2020/21

CAMBIOS DE GRUPO:  O alumnado que o precise pode solicitar cambios de grupo segundo as instrucións que pode atopar neste enlace. A  partir do 19 novembro cando o alumnado o precise.

REASIGNACIÓN DE NIVEL: Poderá ser tanto pata alumnado de novo acceso como para antigo alumnado. Ler as instrucións.

RENUNCIA Á MATRÍCULA: Grupos integrados do 1º cuadrimestre: ata  o 30 de decembro de 2020, inclusive. Resto de grupos: Ata o 30 de abril inclusive
A renuncia por primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel. As posteriores, si se terán en conta, agás casos excepcionais.

AVALIACIÓNS: Ler documento
ADAPTACIÓN DE PROBAS. No caso de discapacidade, deberase achegar, no momento da matrícula,  a documentación acreditativa da minusvalidez e, se solicita adaptacións, cubrir o documento que pode atopar aquí. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que se determinen as adaptacións pertinentes.