Mentres haxa un docente de garda na sala (horario na porta), o alumnado da escola poderá consultar todo o material da biblioteca.
NON ESTÁ PERMITIDO:
1. Entrar con móbiles ou aparatos de música sen silenciar.
2. Comer ou beber (excepto auga).
3. Tirar lixo ou deixar restos de papeis.
4. Falar en voz alta ou facer ruídos.
5. Subliñar, manchar ou escribir no material.
6. Raiar ou pintar o mobiliario.
É NECESARIO :
1. Devolver o material utilizado ao seu sitio.
2. Deixar as mesas e cadeiras colocadas.
3. Respectar os horarios de apertura, peche e empréstito.
EMPRÉSTITO DE MATERIAL PARA DOMICILIO
1. O horario de empréstito é exclusivamente o que figura na porta de entrada.
2. Os empréstitos limítanse a 3 números de rexistro distintos por un período de 15 días. Poderase renovar sempre que non exista reserva doutro usuario.
3. Solicitaráselle o empréstito ao docente de garda.
4. Se o período de empréstito remata en días non lectivos, a devolución pasará ao seguinte día lectivo.
ATRASO NAS DEVOLUCIÓNS:
En caso de demora poderase prohibir o empréstito de material durante tantos días como se sobrepase o período autorizado.
PERDA E DETERIORO DE MATERIAL:
Restituirase ou aboarase o importe do material perdido ou deteriorado. No caso de non facelo, perderase o dereito de empréstito.
BUZÓN DE DEVOLUCIÓNS (descargar como pdf)
É de suma importancia que os usuarios da biblioteca sigan as seguintes pautas:(descargar como pdf)