Modificación das Programacións Didácticas. Avaliación.

Instrucións do 27 de abril de 2020 Real decreto 463/2020, de 14 de marzo Instrucións do 27 de abril de 2020
O Real decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no seu artigo 9.1, establece a suspensión da actividade educativa presencial en todos os centros educativos do Estado.
Así mesmo, establece  que, durante este período de suspensión, manteranse as actividades educativas a distancia e en liña, sempre que resulte posible.
En cumprimento deste Real decreto e das Instrucións do 27 de abril de 2020, o profesorado da Escola Oficial de Idiomas de Galicia, coordinado polas correspondentes xefacturas dos departamentos didácticos, fixo un esforzo durante este período para adaptar a docencia presencial á modalidade telemática, utilizando para isto todos os recursos que tiña a súa disposición, flexibilizando o seu plan de traballo e centrando as actividades lectivas nas aprendizaxes e competencias imprescindibles para o alumnado.
Seguindo o establecido nas devanditas Instrucións, os departamentos didácticos acordaron modificar as programacións didácticas no relativo á avaliación dos cursos de promoción da seguinte forma: VER DOCUMENTO COMPLETO.