Aviso para alumnado Cursos CELGA e Linguaxe Administrativa Galega

  • O remate da actividade lectiva dos cursos preparatorios para a obtención dos certificados Celga e dos cursos de linguaxe administrativa galega respectará o establecido na Resolución do 2 agosto de 2019, pola que se convocan estes cursos.
  • Aprázase a data establecida nesta resolución para a realización das probas finais dos cursos de linguaxe administrativa galega, tanto presenciais coma en liña, que se impartiron no segundo cuadrimestre. Esta proba realizarase de xeito telemático, coas adaptacións que estableza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
  • A persoa coordinadora dos cursos comunicaralle ao profesorado e ao alumnado destes a nova data de realización da proba final, así como as características da proba e as instrucións para a súa administración e avaliación. (Actualizado 29/04/2020).