INFORMACIÓN PARA CURSOS INTEGRADOS 2019/20

PORTUGUÉS INTEGRADO

CAMBIOS DE GRUPO
O alumnado que está matriculado nun curso integrado ten a posibilidade de cambiar para un grupo anual e viceversa.
Terá que ter en conta as consecuencias  derivadas da diferente temporalización  dos contidos dos diferentes cursos.
Este cambio NON se poderá realizar por medio do programa informático. Quen o desexe, pedirá na conserxería ou imprimirá da nosa web un impreso para solicitalo. (Ver as instrucións para cambios de grupo na web www.eoiou.com )
RENUNCIA Á MATRÍCULA
O alumnado dos cursos integrados do primeiro cuadrimestre que desexe renunciar á matrícula terá de prazo ata o 20/12/2019 para facelo. Para o alumnado do segundo cuadrimestre, a data límite será a mesma que para os cursos anuais, o 30 de abril.
Ó FINALIZAR O CURSO
O alumnado que supere o curso no 1º cuadrimestre poderá matricularse nun novo grupo integrado do curso seguinte (B1) no 2º cuadrimestre. Este novo curso comezará o día 11 de febreiro.
O prazo de matrícula será os días 06 e 07 de febreiro só para o alumnado que continúa e do 10 ao 12 de febreiro para novo alumnado ou os anteriores que non formalizasen a matrícula no seu prazo.
Esta xestión levarase a cabo directamente na xanela de secretaría.
O alumnado do curso integrado A2 que non supere todas as destrezas no exame final de xaneiro terá unha proba extraordinaria no mes de XUÑO, xunto cos grupos anuais de certificación.