Viaxe cultural a Marrocos no entroido 2019

A vicedirección da EOI de Ourense organiza unha viaxe cultural a  Marrocos durante a semana de Entroido de 2019.

Requisito ineludible para participar é ser alumnado ou persoal da EOI durante o curso 2018/2019.
A viaxe inclúe un percorrido polas capitais máis importantes de do país: Casablanca, Rabat, Fez e Marrakech así como as gargantas do Todra, as dunas de Merzouga, nos límites do Sahara, e a ruta das Kasbahs e Ouarzazate. As persoas interesadas, poden solicitar información complementaria enviando un correo ao seguinte enderezo: eoi.marruecos@gmail.com