Matrícula probas de clasificación

PRAZO: DO 3 ó 7 setembro

►Estas probas están pensadas para aquelas persoas que posúen coñecementos do idioma pero non poida acreditalos mediante título ou certificación recoñecida. Teñen como obxectivo determinar o curso no que resulte máis axeitada a súa incorporación.
►Pode realizalas o novo alumnado que vaia optar polas ensinanzas de réxime presencial na EOI.
►Tamén poden  realizalas as persoas que cursaran estudos no idioma e que non se tiveran matriculado en réxime oficial nin en That’s English nos dous cursos anteriores. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superara nese idioma, non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.
►Os aspirantes deben ter 16 anos ou cumprilos antes do 31 de decembro de 2018 se se queren matricular na 1ª lingua cursada no ensino secundario obrigatorio, pero pódense tamén matricular con 14 anos naqueles idiomas que non cursasen como 1ª lingua estranxeira no ensino secundario obrigatorio.
►A incorporación ó curso que determine o resultado da proba estará suxeita á dispoñibilidade de prazas. Esta incorporación non dará dereito en ningún caso á certificación dos cursos ou niveis inferiores.
►O resultado obtido nas probas de clasificación terá unha validez de dous anos a efectos de formalizar a matrícula en calquera das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia.
►As probas de clasificación realizaranse na sede central da EOI de Ourense e nas súas seccións de Celanova, O Barco, O Carballiño, Ribadavia e Verín.
►As persoas que se vaian examinar nas seccións de Celanova e Ribadavia, terán que formalizar a súa  matrícula na sede central de Ourense.
►Unha vez publicados os resultados, o alumnado debe preinscribirse no curso ó que obtivo acceso (ou en 1º de básico se desexan empezar de cero no caso de non pasar a un curso máis alto)

Ver taxas e documentación que hai que presentar na secretaría .
Os impresos para matricularse
(Anexo I) pódense descargar directamente dende estos enlaces: EOI Ourense, Celanova, O Barco, O Carballiño, RibadaviaVerín.