PROXECTO CURSO 2019/20

                                    Actividades previstas:
 Este curso realizarase unha ruta literaria pola cidade de Oporto, cara mediados de xuño, xa que unha das lecturas será unha novela desenrolada nesta cidade portuguesa.
Forma de organización e funcionamento: O día 15 de Outubro terá lugar unha primeira reunión informativa sobre o club de lectura para lle explicar ao alumnado o funcionamento, calendario e horario do club, así como tamén o tipo de lecturas que se escollerán para ler nesta actividade. A reunión terá lugar na biblioteca en sesión de mañá ás 12:15 horas e ás 20:15 horas en sesión de tarde.
Lecturas: “Miss Ourense” do escritor galego Bieito Iglesias; “ Y las montañas hablaron” do escritor de orixe Afgano Hosseini Khaled; “La cabeza perdida de Damasceno Monteiro” do escritor italiano Antonio Tabucchi e “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste” de Manuel Rivas.

  •  A primeira sesión terá lugar o 17 de Decembro na biblioteca ás 12:15 horas en horario de mañá e ás 20:15 en horario de tarde. Nesta sesión haberá un debate sobre a lectura “Miss Ourense”. As sesións poderán durar unha hora ou hora e cuarto. Ao rematar a sesión os membros do club levarán para a casa a segunda lectura.
  • A segunda sesión terá lugar o 18 de Febreiro, ás 20:15 horas en horario de tarde e ás 12:15 horas en horario de mañá, na biblioteca. Nesta sesión producirase un intercambio de opinións e impresións entre os participantes do club.

O alumnado traerá lido o  libro “Y las montañas hablaron” nos diferentes idiomas de estudo e debaterase sobre el. O alumnado poderá ler este libro en francés, inglés e español. Desafortunadamente non hai tradución ao galego. Cada persoa comentará os aspectos que lle resulten máis interesantes e a súa visión ou interpretación sobre a lectura. A continuación introduciremos a seguinte lectura. Cada persoa levará a novela para a casa.

  • A terceira sesión terá lugar o 28 de Abril, ás 20:15 horas en horario de tarde e ás 12:15 horas en horario de mañá, na biblioteca. Haberá unha presentación sobre o libro “La cabeza perdida de Damasceno Monteiro” e debaterase sobre el, comentando os aspectos máis interesantes. Este libro está traducido ao francés, español, inglés, alemán e italiano. Esta será a novela sobre a que faremos a ruta literaria.
  • A cuarta sesión terá lugar o 26 de maio, ás 12:15 en horario de mañá e ás 20:15 en horario de tarde na biblioteca. Haberá unha presentación sobre o libro “Vivir sen permiso e outras historias de Oeste”.

Nas restantes sesións levaremos a cabo actividades lúdicas relacionadas coas lecturas tratadas ao longo do curso. Xuntaranse os dous grupos da sede central de Ourense, e organizaranse saídas comúns:

  1. No primeiro cuadrimestre, unha ruta literaria pola cidade de Ourense.
  2. Unha merenda no campo a finais de maio ou un xantar literario.
  3. A mediados de xuño, unha ruta literaria por Oporto, percorrendo os lugares que se describen na novela de Antonio Tabucchi

 Ler o proxecto completo.