Skip to Content

CONCURSO TARXETA DE NADAL 2020

Bases do Concurso Tarxeta de Nadal 2020

Participación

 

  • O concurso está aberto a todo o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Monforte, incluida a Sección de Chantada.
  • Poderase participar só cunha postal.
  • Ao participar, o alumnado autor da fotografía cede á Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos o dereito de difundir ou publicar a imaxe fotográfica total ou parcialmente no medio que considere oportuno, sempre citando ao autor/a (ou seudónimo se así o preferise), o seu curso e grupo.
  • A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do xurado. 

 

Lingua e formato

 

  • As postais presentadas a concurso deberán ser en en galego e poderase engadir calquer outro idioma impartido na nosa escola.
  • As postais poderán ser feitas a man ou deseñadas en formato electrónico.

Envío de postais

  • As postais deberán ser entregadas na secretaría da escola ou enviadas ao correo da EOI de Monforte (eoimonforte@gmail.com), indicando no asunto “Concurso postais de nadal”.
  • No envío deberá constar o nome (e seudónimo se se quere), e a forma de contacto (curso, grupo e teléfono) da persoa concursante.
  • A data límite para o envío será o 14 de decembro de 2020.

Deliveración e xurado

  • O xurado estará composto polo equipo directivo, a coordinadora do EDLG, unha profesora da sección de Chantada ademáis dunha representante do PAS.

Premios

  • O premio consistirá nunha cesta de nadal.

Publicación

  • A postal gañadora será dada a coñecer nas redes sociais da EOI de Monforte, así como na páxina web, o día 16 de decembro de 2020.
  • A postal gañadora será enviada pola EOI de Monforte á comunidade educativa, como felicitación de Nadal.

 



page | by Dr. Radut