Novas

Préstamo na biblioteca.

  A primeira vez que se faga uso da biblioteca será recomendable traer o resgardo da matrícula. É posible que o profesorado responsable non dispoña nese momento dos datos de matrícula de todas as modalidades de estudo na escola. Polo tanto, se o lector ou a lectora non trae consigo o resgardo, non poderá levar o material até que se poida comprobar a súa condición de alumno ou alumna.

Existe a posibilidade de reservar exemplares, enviando un correo electrónico ao enderezo eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal. Lembra poñer reserva no asunto do correo.

Tamén hai unha caixa de devolución de material fóra da biblioteca. Deste xeito facilitamos a devolución do material.

Pódense levar emprestados libros electrónicos. Estas instrucións tamén se publicarán no taboleiro da biblioteca e na páxina web.

Horarios das titorías de That's English 2023/24

Horario das titorías:

 

Módulo

Data

Aula

A2.1/A2.2

Xoves de 16:30 a 18:00

Aula 2

A2.3/A2.4

Xoves de 18:00 a 19:30

Aula 2

B1.1/B1.2

Martes de 16:00 a 17:30

Aula Informática

B2.1/B2.2

Xoves de 18:00 a 19:30

Aula 9

B2.3/B2.4

Venres de 16:00 a 17:30

Aula 9

C1.1/C1.2

Xoves de 18:30 a 20:00

Aula 10

 

 

 

 

 

As clases comezarán a partir do luns 11 de setembro, en horario habitual

Syndicate content