Oferta educativa

Oferta educativa e modalidades de estudo

INGLÉS - SARRIA. Oferta de grupos para o curso 2023-24:

IN-A1-5  (iniciación)

20:00 - 22:00

Luns e mércores

IN-A2-5

20:00 - 22:00

Martes e xoves

IN-B1-10

16:00 - 18:00

Martes e venres

IN-B1-11

20:00 - 22:00

Martes e xoves

IN-B2.1-6

20:00 – 22:00

Luns e mércores

IN-B2.2-6

18:00 – 20:00

Luns e xoves

IN-C1.1-4 (avanzado)

16:00 - 18:00

Martes e xoves

 

O NOVO ALUMNADO DEBE RESERVAR PRAZA PREINSCRIBÍNDOSE ENTRE O 26 DE XUÑO E O 9 DE XULLO EN www.eoidigital.com/preinsxunta E MATRICULARSE ENTRE O 11 DE XULLO E AS 12:00H. DO 21 DE XULLO. 

As persoas que non reservaron praza poden aínda matricularse nas prazas vacantes que quedan en todos os grupos a partir das 13:00 horas do 21 de xullo.

Para acceder á matriculación na Extensión de Sarria ir a:   https://www.informaticacentros.com/centrosnet/libres_mat/index.php?tcen=EXT&cen=LU5

A MATRICULACIÓN FAISE A TRAVÉS DA INTERNET. TODA A INFORMACIÓN E ANEXOS ESTÁN DISPOÑIBLES NA PÁXINA WEB DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE LUGO. 

 
 
 
 
 
MODALIDADES DE ESTUDO
 
1. Cursos ordinarios

 

No curso académico 2023-24 os cursos ordinarios de inglés que se imparten na Extensión de Sarria son anuais, con 120 horas de duración (de setembro a maio) repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas.

O plan de estudos deste idioma articúlase en tres niveis e oito cursos, dos que seis impártense en Sarria:

a) Nivel básico: dous cursos (A1=nivel de iniciación correspondente ao A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL) e A2=nivel A2 do MECRL). 

b) Nivel intermedio: tres cursos (B1=nivel B1 do MECRL; B2.1 e B2.2=nivel B2 do MECRL).

c) Nivel avanzado: un curso (C1.1 = primeiro curso de nivel C1 do MECRL).

 
 
Nivel
Cursos
MECRL
 
 
BÁSICO
 
 
Básico A1
 
A1
 
Básico A2
 
A2
 
 
 
INTERMEDIO
 
 
Intermedio B1
 
B1
 
Intermedio B2.1
 
Intermedio B2.2
 
 
 
B2
 
 
 
AVANZADO
 
 
 
Avanzado C1.1
 
 
 
 
C1
 
 
 
 
------------------------
 
 
2. Alumnado libre.
Sobre o mes de novembro está previsto que se abra o período de matrícula para as persoas que desexen obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). É posible matricularse en calquera nivel destas probas libres de certificación (A2, B1, B2, C1 e posiblemente C2) que teñen lugar só na sede central da EOI de Lugo nunha única convocatoria por curso e no mes de xaneiro/febreiro,  non en xuño como viña sendo habitual. Toda a información relevante irase publicando na web da EOI de Lugo.
Distribuir contido