As probas parciais ou de progreso poderán realizarse no mes de xaneiro ou febreiro, de acordo coa distribución do ano académico.
As probas de promoción e certificación poderán comezar no mes de maio.
Todas as probas (progreso, promoción e certificación tanto de febreiro, xuño e setembro) poderán realizarse en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula.
As convocatorias para as probas escritas non se poden cambiar
Na convocatoria de setembro poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora.