Procedemento de adxudicación de prazas vacantes

Se non tiveches praza ou aínda non te matriculaches, tes outra oportunidade na adxudicación de prazas libres. Esta é a nosa oferta horaria: Horarios

Procedemento: 

Tanto para estudar na EOI de Lugo como na Sección de Sarria, a túa matrícula farase directamente na oficina da EOI de Lugo (1º andar). As prazas adxudicaranse por estricta orde de chegada até o día 11 de outubro.

Documentación:

Se hai prazas libres no curso que te queres matricular, darémosche na conserxaría un impreso de matrícula e unha folla de pagamento. Unha vez que cubras esta documentación e realices o pagamento na entidade bancaria, poderás matricularte na oficina, no primeiro andar. Terás 48 horas para entregar a documentación. Transcurrido este tempo, adxudicaremos a praza a outra persoa.

PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA, TODO O ALUMNADO DEBERÁ PRESENTAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN :

  • O resgardo da reserva de praza que se lle entregará ese día
  • O impreso de matrícula que se lle deu na conserxaría debidamente cuberto.
  • Este impreso debidamente asinado.
  • Xustificante de pagamento. Poden ser os seguintes modelos:
    • modelo E (autocopiativo en papel) que se recibe na conserxaría.
    • modelo AI (xerado electronicamente)
    • modelo 730 (xerado desde a Oficina Virtual Tributaria)
  • Certificados de exención ou redución, se é o caso.
  • No caso de fraccionar o pagamento da matrícula, documento para o pago do 2º prazo, cuberto cos 20 díxitos da conta bancaria para a domiciliación do pago fraccionado, cuberto e asinado xunto co certificado da conta bancaria onde consta o IBAN.
  • De ser o caso, orixinal e copia da acreditación do anexo II acceso directo por titulación.

O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NA EOI DE LUGO DEBERÁ PRESENTAR ADEMAIS A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

  • Fotocopia DNI ou NIE
  • Dúas fotos carné
  • Alumnado menor de 16 anos a 31 de decembro de 2019, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obligatoria, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do Anexo IV.
  • No caso de discapacidade, deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir o Anexo V da circular de matrícula.
  • No caso de ser menor de idade, deberá presentar o Anexo IX.

 

AttachmentSize
HORARIOS.pdf519.44 KB

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar