ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE LUGO

ROLDA DE XOSÉ CASTIÑEIRA Nº1

27002 LUGO

TEL.: 982284893

FAX: 982284894

CORREO ELECTRÓNICO: eoi.lugo@edu.xunta.gal

Cursos preparatorios para os certificados Celga e cursos de linguaxe administrativa 2018

A Resolución do 02 de agosto de 2018 (DOG do 14 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia presenciais e en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria. Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.

 Prazo e lugar de presentación de solicitudes:

Para os cursos do 2º cuadrimestre (febrerio-maio): solicitude de praza do 2 ao 11 de xaneiro en www.eoidigital.com/preinslinguagalega; sorteo de adxudicación o 14 de xaneiro (o día 15 de xaneiro poderase consultar na web de inscrición se foi admitido/a); inscrición e entrega de documentación dos solicitantes admitidos: do 16 ao 18 de xaneiro na secretaria da EOI.

INFORMACIÓN IMPORTANTE! A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado. As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas a través do correo electrónico asesoria.eoi@edu.xunta.gal e do teléfono 981 546 511. realización do curso preparatorio CELGA non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega, expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Na EOI de Lugo haberá:

Cursos preparatorios para a obtención dos certificados Celga: 2º cuadrimestre

Inicio das clases :

CELGA 2: do 6 de febreiro ao 29 de maio 16.00-18.00 Luns e mércores - aula 4

CELGA 3: do 6 de febreiro ao 29 de maio 18.00-20.00 Luns e mércores - aula 4 e 2

CELGA 4: do 7 de febreiro ao 30 de maio 20.00-22.00 Martes e xoves - aula 4

Convocatoría das probas para a obtención dos cursos CELGA

 

 

 

 

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar