Modalidades de estudo

1. Cursos ordinarios

A EOI de Lugo ofrece cursos ordinarios de alemán, chinés, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

O plan de estudos destes idiomas articúlase en tres niveis e 5,7 ou 8 cursos:

a) Nivel básico: 1, 2 ou 3 cursos segundo os idiomas(1=nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL) e 2=nivel A2 do MECRL) 3= nivel A2 para Chinés

b) Nivel intermedio B1: un ou dous cursos (1 e 2=nivel B1 do MECRL). (3 cursos para chinés)

c) Nivel intermedio B2: un ou dous cursos (1 e 2=nivel B2 do MECRL).

d) Nivel C1: un ou dous cursos

e) Nivel C2: un curso

Ao rematar cada nivel o alumnado obtén o certificado correspondente:

  • Nivel básico: certificado de nivel básico A2.
  • Nivel intermedio: certificado de nivel intermedio B1 e certificado de nivel avanzado B2.
  • Nivel avanzado:  certificado de nivel C1 e C2

O alumnado que aprobe unha ou varias destrezas pode solicitar un certificado que o acredite.

Este é un resumo da oferta educativa das escolas oficiais de Galicia (non quere dicir que en todas as escolas se impartan todos os niveis nin todas as linguas):

 

Os cursos ordinarios poden ser:

  • anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas.
  • intensivos: 120 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño. Teñen 8 horas de clase semanais e permiten completar dous cursos dun mesmo nivel nun curso académico.

 

2. Cursos de actualización e especialización para o profesorado

Cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC)

Son cursos organizados en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Lugo (CFR). A oferta de cursos varía dependendo da lingua. De 60 horas de duración, de nivel B2 e C1.

 

3. Cursos específicos de galego

Organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: Hai cursos de linguaxe administrativa galega de niveis medio e superior, de 75 horas de duración, dirixidos a funcionariado e tamén cursos de 60 horas de duración preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega (Celga).

 

4. Ensino semipresencial.

Ademais, desde o curso 2021-2022, impartimos cursos ordinarios semipresenciais. Para saber en que consiste o ensino semipresencial e averiguar se é o que mellor se adapta ás túas necesidades, podes premer nesta ligazón.

 

5. Ensinanza a distancia.

A EOI de Lugo é desde hai xa moito tempo centro de apoio titorial do programa That’s English!, que permite estudar inglés a distancia. Máis información aquí.

 

 6. Alumnado libre.

Nos meses de novembro ou decembro ábrese o período de matrícula para as persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). O alumnado libre pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación. Estes exames adoitan ser no mes de xaneiro ou febreiro.