Información xeral da secretaría

TRASLADOS DE EXPEDIENTES DOUTRA ESCOLA Á EOI DE LUGO

  • Certificación dos cursos realizados na Escola de orixe. (Procedente de Escolas Idiomas de Galicia)
  • Resguardo de ter solicitado o traslado de expediente (Escolas Idiomas doutra Comunidade)
  • Comprobar coa Xefatura de Estudos se hai praza no grupo no que se quere matricular

CERTIFICADOS DE ESTUDOS

A solicitude de certificacións académicas farase presencialmente na oficina, acreditando a súa identidade ou ben a través dunha persoa debidamente autorizada. No caso de solicitalo por correo electrónico, haberá que achegar unha copia do DNI ou NIE do solicitante. Seguirase o mesmo protocolo para a recollida que poderá ser na oficina ou na conserxaría do centro.

CERTIFICADOS DE NIVEL

Os certificados de BÁSICO, INTERMEDIO e C1 estarán dispoñibles na oficina a partir dunha data que se publicará na páxina principal. Non é necesario solicitalos. As persoas interesadas poderán retiralos ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

TÍTULOS DE NIVEL AVANZADO

  • A solicitude dos títulos faise na oficina.
  • Compre aboar as taxas de expedición de títulos. O impreso recóllese na Conserxaría.
  • As persoas interesadas poderán retiralos ben directamente, acreditando a súa identidade, ben a través dunha persoa debidamente autorizada.

TAXAS

 

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar