Prazo de matrícula para os exames libres do curso 2023-2024

Prazo de Preinscrición:

 

Do 2 ao 20 de outubro de 2023. A aplicación de preinscrición estará aberta ata as 12.00 h do día 20, no seguinte enderezo web: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre. É importante que vostede lembre o contrasinal do seu perfil porque o vai precisar cando se matricule. 

A obtención do número para a adxudicación das prazas realizarase en acto público, o día 23 de outubro, ás 12.00 horas, na EOI de Ferrol. O día 24 de outubro, o alumnado poderá consultar na aplicación web (ligazón) a escola onde foi admitido.

 

Prazo de Matrícula:

 

Prazo para entregar a documentación dos niveis B2 e C1: Finaliza o 31 de outubro. Non se admitirá documentación fóra de prazo.

Prazo para entregar a documentación dos niveis A2 e B1: Do 2 ao 31 de outubro. Non se admitirá documentación fóra de prazo.

 

IMPORTANTE - INCOMPATIBILIDADES:

 

O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial (incluído o programa That's English!) e libre simultaneamente.