A persoa gañadora do Concurso de postais de nadal "bo naGAL 2021", organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, foi Federico Rodríguez Roca (alumno de C1 de galego), co seguinte deseño:
O segundo posto correspondeu a Mercedes Fernández Rey, alumna de B2 de italiano, co seguinte deseño:
A persoa gañadora do Concurso de Poesía Vertical organizado polo EDL en colaboración co Equipo de Dinamización da Biblioteca é:
Mari Paz Fernández Carreira
coa seguinte composición:
Parabéns á gañadora!!!
Data: mércores, 17 de marzo
Hora: 18:00
Plataforma: Webex
Ligazón: https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=mb82ba8f5b22f87eab333ad8fd8133310
ID: 121 032 5525
Contrasinal: ZyUU5pRDN23
Palestra narrada
Lois Pérez, poeta, contador de historias, profesor e músico, contaranos a súa historia persoal co galego. A actividade, a medio camiño entre a palestra e a narración, pretende incitar, en ton benhumorado, a compartir as historias persoais á volta do galego. Porque, máis alén dos necesarios datos estadísticos e discursos motivadores, existen persoas reais que se emocionan, rin ou incluso choran por causa da lingua.
Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Lugo