Data: mércores, 19 de xaneiro
Hora: 16:00
Lugar: Sala de actos da EOI de Lugo
Palestra narrada
Mércores día 19 de xaniero, temos na EOI unha nova actividade do ciclo "A miña historia co galego", que iniciamos o ano pasado. E se daquela tíñamos a Lois Pérez coa súa palestra "Eu nunca serei yo - las más de las veces", este ano teremos precisamente ao autor orixinal da frase ("eu nunca serei yo"), xa popularizada en camisetas e cancións: Séchu Sende.
Para nós é un privilexio contar con Séchu. Se alguém pode contar unha historia persoal sobre o galego, sabemos que é el. De feito, xa escribiu tantas historias sobre o galego en primeira persoa, en libros como o Made in Galiza (Galaxia, 2007) ou A República das Palavras (Através, 2015), e de forma tan próxima e empática, que para nós é difícil distinguir a súa historia das súas historias.
Profesor, dinamizador cultural, escritor, regueifeiro, poeta, narrador. Poucas persoas tan completas como él para nos acompañar. Porque, como dixemos xa o anoa pasado, máis alén dos necesarios datos estadísticos e discursos motivadores, existen persoas reais que se emocionan, rin ou incluso choran por causa da lingua. Sexa benvido!
Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Lugo
Data: mércores, 17 de marzo
Hora: 18:00
Plataforma: Webex
Ligazón: https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=mb82ba8f5b22f87eab333ad8fd8133310
ID: 121 032 5525
Contrasinal: ZyUU5pRDN23
Palestra narrada
Lois Pérez, poeta, contador de historias, profesor e músico, contaranos a súa historia persoal co galego. A actividade, a medio camiño entre a palestra e a narración, pretende incitar, en ton benhumorado, a compartir as historias persoais á volta do galego. Porque, máis alén dos necesarios datos estadísticos e discursos motivadores, existen persoas reais que se emocionan, rin ou incluso choran por causa da lingua.
Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Lugo