A miña historia co galego II - Sechu Sende

Data: mércores, 19 de xaneiro

Hora: 16:00

Lugar: Sala de actos da EOI de Lugo

 

Palestra narrada

Mércores día 19 de xaniero, temos na EOI unha nova actividade do ciclo "A miña historia co galego", que iniciamos o ano pasado. E se daquela tíñamos a Lois Pérez coa súa palestra "Eu nunca serei yo - las más de las veces", este ano teremos precisamente ao autor orixinal da frase ("eu nunca serei yo"), xa popularizada en camisetas e cancións: Séchu Sende.

Para nós é un privilexio contar con Séchu. Se alguém pode contar unha historia persoal sobre o galego, sabemos que é el. De feito, xa escribiu tantas historias sobre o galego en primeira persoa, en libros como o Made in Galiza (Galaxia, 2007) ou A República das Palavras (Através, 2015), e de forma tan próxima e empática, que para nós é difícil distinguir a súa historia das súas historias.

Profesor, dinamizador cultural, escritor, regueifeiro, poeta, narrador. Poucas persoas tan completas como él para nos acompañar. Porque, como dixemos xa o anoa pasado, máis alén dos necesarios datos estadísticos e discursos motivadores, existen persoas reais que se emocionan, rin ou incluso choran por causa da lingua. Sexa benvido!

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Lugo