Matrícula oficial

Matrícula 23/24

Matrícula nas Prazas vacantes

PRAZO: Ata o 15 de setembro ás 14.00

 

Antes de comezar o proceso da matrícula asegúrate de teres a seguinte documentación preparada:

  • O teu DNI ou NIE escaneado (tamén vale unha foto).

  • No caso de diversidade funcional: documentación acreditativa

  • Se precisas unha adaptación para os exames: anexo V cuberto.

  • Si estás exenta ou exento de pagar as taxas: xustificante da exención (tarxeta de familia numerosa, toma de posesión de funcionario docente, minusvalia, etc).

  • Se es menor de 16 anos a 31 de decembro: certificado en que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO no curso escolar 2022-2023, expedido polo centro onde estea matriculado segundo este modelo (anexo IV).

  • En caso de fraccionar o pago: documento para o pago do 2º prazo cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria.

 

Procedemento de matrícula

 

Se precisas axuda para o pagamento das taxas podes ver máis información aquí.

Ademais tamén podes ver un Vídeo titorial.

 

O xustificante de pagamento pódese descargar cando se remata o proceso (documento 730-731). Antes de rematar o proceso tamén se pode descargar un xustificante do pagamento con tarxeta, pero este NON vale, ten que adxuntar o documento que emite a Axencia Tributaria ao remate do proceso.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade da documentación que presenten.

As escolas poderanlle solicitar ao alumnado que presente os documentos orixinais para cotexar as copias electrónicas da documentación que presente.

A documentación só se pode presentar de xeito telemático. Desde o centro comunicaraselle a cada alumno por correo electrónico o estado da matrícula

Para máis información, prema aquí.(Texto completo da orde)

Procedemento de matriculación en liña

Syndicate content