Novas

Petición de cita para a revisión dos exames da convocatoria ordinaria

A ligazón para solicitar cita de revisión de exame só estará dispoñible dende as 16.00 h do martes 6 de xullo ata as 9.00 h do mércores 7 de xullo.

Non se darán citas fóra deste prazo.

Débese cumprir co protocolo covid establecido para o acceso ao centro en período de exames (máscara, desinfección de mans, acceso ás aulas seguindo as indicacións do chan e ausencia de grupos de xente nos corredores).

Nas portas de acceso á escola haberá carteis informando das aulas ás que debe acudir o alumnado.

A avaliación na EOI

Queres entender mellor como son os exames na EOI e como se avalían? Mira esta presentación que preparamos para ti

MATRÍCULA CURSO 2021/22

Alumnado matriculado no curso 2020/21

Circunstancias      

Prazo

Onde matricularse

Procedemento de matrícula

Alumnado con apto en xuño.

Do 1 ao 9 de xullo

Do 1 ao 9 de setembro

 

En CentrosNet

 

  • Achegar o pdf que xera a aplicación ao facer a matrícula.

  • Facer o pagamento das taxas (+información).Vídeo titorial.

  • En caso de fraccionar o pago, hai que achegar o documento para o pago do 2º prazo cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria.

  • A documentación presentarase en liña (CentrosNet) desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, dentro dos prazos establecidos. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

  • En caso de discapacidade, deberá achegar a documentación acreditativa e, se solicita adaptación, cubrir o anexo V.

  • No caso do alumnado menor de idade, achegar o  anexo  VII asinado.

  • En 2 ou 3 días volver entrar en Centrosnet e comprobar que a matrícula está validada. Se non é así, subir a documentación que falte.

Alumnado con apto/a, non apto/a ou non presentado/a en setembro.

Do 9 ao 16 de setembro

En CentrosNet

     Para máis información, prema aquí.
     

 Alumnado novo e alumnado procedente de:

Renuncia

Ensino libre

Probas de clasificación

Acceso directo por titulación

Traslado de expediente doutra EOI

Antigo alumnado non matriculado no curso 2020/21

Prazo de preinscrición

Onde preinscribirse

 Observacións

Prazo de

matrícula

 Como matricularse

Do 1 ao 14 de setembro

www.eoidigital.com

/preinsxunta

Só se poderá facer unha preinscrición por idioma, nun máximo de dous idiomas.

O sorteo do número de corte para a asignación de prazas farase o 17 de setembro, e o día 18 de setembro o alumnado que fixo preinscrición poderá ver na aplicación web se foi admitido. De ser así, deberá formalizar a matrícula no prazo establecido. 

Horarios 2021-2022

Procedemento de preinscrición

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Do 18 ao 30 de setembro

  • Achegar o PDF que xera a aplicación unha vez que foi admitido.

  • Pagar as taxas en liña ou recollendo o impreso de pagamento na EOI (+información). Vídeo titorial

  • Achegar unha copia do DNI ou NIE.

  • Para o alumnado menor de 16 anos a 31 de decembro, achegar un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na ESO no curso escolar 2020-2021, expedido polo centro onde estea matriculado segundo este modelo (anexo IV).

  • No caso do alumnado menor de idade, achegar o anexo VII asinado.

  • No caso de discapacidade, deberá achegar a documentación acreditativa e, se solicita adaptación, cubrir o anexo V.

  • En 2 ou 3 días volver entrar en Centrosnet e comprobar que a matrícula está validada. Se non é así, subir a documentación que falte.

 

 

 

 

                

 
Para máis información, prema aquí.

 

*A información proporcionada é un resumo das instrucións publicadas no DOG o venres, 2 de xullo pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2021-2022. 

Matrícula curso 21/22 - Alumnado matriculado no curso 20/21

  • O alumnado que estivese matriculado no curso 20/21 non ten que facer preinscrición para continuar os estudos no mesmo idioma.

  • Aquí podedes consultar os horarios dos cursos ordinarios para o curso 21/22: Preme aquí
  • Para matricularse, deberá ir a CentrosNet para reservar praza e formalizar a matrícula.

  • Unha vez feita a reserva, o alumnado deberá:
    • Achegar o pdf xerado pola reserva de matrícula
    • Facer o pagamento das taxas (instrucións aquí)
    • En caso de fraccionar o pago, hai que achegar o documento para o pago do 2º prazo cuberto e asinado, xunto co certificado da conta bancaria
    • Achegar a documentación escaneada a través de CentrosNet dentro do przao establecido.
    • En caso de discapacidade, deberá achegar a documentación acreditativa e, se solicita adaptación, cubrir o anexo V (preme aquí)
    • En caso de alumnado menor de idade, achegar o seguinte anexo asinado. (Preme aquí)

 

PRAZOS DE MATRÍCULA:  

 

1) Entre o 1 e o 9 de xullo / De non ser posible, tamén do 1 ao 9 de setembro

  • Alumnado con APTO en xuño.

2) Entre o 9 e o 16 de setembro

  • Alumnado coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria.

2) Entre o 18 e o 30 de setenbro

  • Alumnado que renunciou á matrícula no curso 20/21.

 

Que é o ensino semipresencial?

Verías que para o curso 2021-2022 tamén ofrecemos algún curso semipresencial en inglés. Consulta aquí a oferta.

Aquí ves cales son as modalidades para aprender inglés na EOI de Lugo.

Non sabes que é o ensino semipresencial? Explicámoscho aquí

Tamén podes informarte nesta infografía e a continuación premer na foto para faceres unha enquisa e saber se este tipo de ensino é o máis apropiado para ti. 

 

Títulos de certificación de B2, C1 e C2

Pódense pasar recoller pola oficina os títulos de certificación dos cursos B2, C1 e C2 que se solicitaron en 2019.

Presentación do proxecto literario-musical Oceanoe

21/04/2021 20:00

Queremos anunciar-vos que no dia 21 de abril às 20h teremos uma atividade online em que apresentaremos o projeto Oceanoe que consiste na publicação de um cd-livro em que participam artistas galegos, portugueses e brasileiros de renome como Jõao Afonso, Celina da Piedade, Sérgio Tannus, Ugia Pedreira, Alba Maria, Carolina Vázquez (colega vossa de aulas), ....

Falarão na apresentação: Jõao Afonso, Celina da Piedade, Sérgio Tannus, Carolina Vázquez (colega vossa de aulas), Noemi Vázquez Nogueiras, Irene Veiga, Ana Santos e Lucia Cortiñas. Haverá também música ao vivo e muitas mais surpresas como a estreia do videoclip da música nº 1 do Cd-livro intitulado Oceanoe.

Encorajamos-vos a participar na atividade online que se realizará através da plataforma webex com os seguintes dados de acesso:

Link da reunião:https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m351c42fb52bd42dbd5f99322b8a0944b

Número da reunião:121 113 8514

Senha:gyJDGUgn732

Proxectos

2020-21

Poetizamos

as aulas

2019-20

Os medios de

comunicación

2018-19

FalArte

2017-18

Alimentación e

saúde

2016-17

Viaxar

Inhalt abgleichen