IMPORTANTE: FINALIZACIÓN DO CURSO 2019-20

 

1.- Cursos de promoción:

  • A avaliación terá lugar antes do 26 de xuño (avaliación continua, sen exames). A data exacta de publicación comunicarase a través da páxina web, redes sociais e CentrosNet.
  • O alumnado NON APTO terá unha recuperación no mes de setembro.
  • O alumnado APTO que prefira repetir curso, deberá asinar e entregar o documento de “Renuncia á promoción” no prazo de 3 días hábiles desde a publicación dos resultados. Esta renuncia non supón a devolución das taxas. Pode atopar este documento no apartado de Instancias da nosa páxina web (marxe esquerda).

 

2.- Cursos de certificación:

  • As probas de certificación non se realizarán antes do mes de setembro.
  • O sistema de avaliación non se modifica.

 

3.- Alumnado libre

  • O novo prazo de matrícula será do 1 ao 9 de xuño
  • O alumnado matriculado no primeiro prazo (marzo 2020) poderá renunciar á matricula e solicitar a devolución das taxas aboadas. O prazo para esta renuncia será de ata 15 días antes da date de inicio das probas, cando se estableza.

 

4.- Renuncia

  • O alumnado poderá renunciar á matrícula antes do 30 de xuño. A renuncia pode facela achegando o documento de renuncia asinado e unha fotocopia do DNI, por correo ordinario ou electrónico. Pode atopar este documento no apartado de instancias da nosa páxina web (Marxe esquerda)
  • A renuncia non contará para os efectos de permanencia.
  • O alumno que renuncia durante este curso non terá que facer preinscrición e poderá matricularse no prazo que se estableza.
  • A renuncia non supón devolución de taxas.
  • Este ano lectivo non contará para os límites de permanencia de xeito xeral para todo o alumnado, tanto para o que renuncie como para o que non renuncie. Porén, ao alumnado que renuncie non lle constará un “Non Apto/Non Presentado” no seu expediente e para o centro e o profesorado a renuncia é moi útil para xestionar adecuadamente a organización dos exames.

 

5.- That’s English

  • A avaliación de módulos pendentes farase aplicando a avaliación continua.
  • Se o profesorado non tivese suficientes datos, faranse, durante o mes de xuño, actividades telemáticas que lle permitan obter unha cualificación.
  • A recuperación dos módulos non superados farase en setembro.
  • O alumnado dos módulos 4, 8 e 12 realizará as probas de certificación correspondentes (ver punto 2).

 

6.- Alumnado CALC e CUALE:

  • O novo prazo de matrícula será do 1 ao 9 de xuño

 

Ligazón ao documento

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar