E iso que é?

Canto ao idioma galego  
Idioma meu, humilde, nidio, popular,
Labrego, suburbial e mariñeiro
Que fas avergonzar - ao burgués, ao señorito e ao tendeiro:
levas sangue do povo e raigañas escuras
que anuncian un día novo sen mágoas nen tristuras.
                                  Manuel María
                          Eu quero galego

 O departamento de Normalización lingüística ten o compromiso de promover a extensión e a diversidade da lingua galega, de desactivar os estigmas e prexuízos sociolingüísticos nun proceso voluntario e participativo ao que calquera pode unirse.

Que obxectivos temos na Escola de Idiomas de Viveiro? 

Potenciar o uso do galego mediante a dinamización a través da lectura, escritura e actividades culturais e lúdicas diversas que promovan a oralidade e participación activa.

Os obxectivos xerais do ENL son potenciar o uso da lingua galega en todas as actividades da EOI, lograr unha valoración positiva do uso da lingua, e mellorar a competencia lingüística dos membros da EOI. De forma máis específica, saliéntanse a seguir algúns dos obxectivos concretos que se perseguen:

  • Concienciar aos membros da EOI de Viveiro da necesidade de continuar avanzando no proceso de normalización lingüística.
     
  • Converter o galego na lingua de uso habitual en todos os comunicados e documentos oficiais redactados desde o equipo directivo e conseguir así mesmo que os departamentos didácticos se impliquen na consecución deste obxectivo.
     
  • Galeguizar todo o sistema administrativo e informático do centro, así como todo tipo de carteis, anuncios e exposicións (tanto dentro como fóra das aulas).
     
  • Promover a utilización do galego como lingua de relación habitual no centro para todos os membros da comunidade educativa.
     
  • Converter o galego na lingua de uso habitual nos actos oficiais e públicos que se celebren no centro, ben sexan de carácter didáctico, ben de carácter lúdico.
     
  • Instar a que o galego sexa a lingua de uso habitual nas reunións do consello escolar, claustros, xuntas de avaliación, xuntas de delegados, asociacións de alumnos ou ex-alumnos e todos aqueles órganos de decisión que teñan que ver coa comunidade escolar.
     
  • Intentar superar prexuízos e actitudes lingüísticas negativas.
     
  • Potenciar a presenza da realidade galega (cultura, historia, xeografía, economía, etnografía, literatura, arte, folclore, etc.) nas actividades da EOI.
     
  • Ampliar coñecementos ao redor da lingua galega e as novas tecnoloxías.
  • Desactivar os prexuízos lingüísticos que existen en contra do galego.

      Infórmate das nosas actividades