Documentación e taxas proba de clasificación

A documentación a entregar é a seguinte:

 - Impreso de matrícula cuberto e asinado. Facilitado polo centro, na secretaría ou neste enlace.

 - Fotocopia do DNI.

 - Resgardo de ter aboado as taxas de matrícula.
 

-   No caso do alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de ano de realización das probas, certificado expedido polo centro onde estea matriculado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar.

 -  Membros de familia numerosa: fotocopia compulsada do Libro de Familia Numerosa actualizada. A compulsa pódese facer na Escola Oficial de Idiomas, presentando o orixinal xunto á fotocopia.

 -   No caso de discapacidade (igual ou superior ao 33%) deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptación, cubrir o formulario facilitado pola EOI ou descargalo da páxina web da escola (anexo IX da Orde de 8 de setembro de 2008, de avaliación).

 

Taxas
A taxa da proba de clasificación é de 17 € por cada idioma, agás descontos.
  O pagamento poderase realizar de dúas maneiras:

 1. Presencial: Recollendo o impreso na secretaría da Escola e pagando na entidade bancaria.

 2. Pago telemático: O pagamento poderase realizar a través de internet, prema neste enlace para seguir as instrucións.

 

 

 

AdxuntoTamaño
ANEXO IX_DISCAPACIDADE.pdf44.69 KB
TAXAS PROBA DE CLASIFICACIÓN.pdf215.11 KB
impreso matrícula clasificación.pdf127.72 KB
PAGO DE TAXAS A TRAVÉS DE INTERNET CLASIFICACIÓN.pdf530.01 KB