Titulacións

Segundo o plan de estudos actual as titulacións que se poden acadar cos estudos da escola oficial de idiomas son as seguintes:

  • Certificado de estudos de nivel básico A2.
  • Certificado de estudos de nivel intermedio B1.
  • Certificado de estudos de nivel intermedio B2.
  • Certificado de estudos de nivel avanzado C1.
  • Certificado de estudos de nivel avanzado C2. (no curso 2023/24, unicamente para o alumnado presencial de inglés)

Estes niveis  enmárcanse dentro do Marco Europeo Común de Referencia do Consello de Europa.

O alumnado do programa "That's English" que desexen obter os certificados mencionados deberán realizar estas probas.

 

TÍTULOS

- Os títulos de A2 e B1 son emitidos polo propio centro, e están dispoñibles na secretaría da escola de idiomas a partir de:

  • Alumnado presencial e CUALE. Novembro do ano de realización do exame.
  • Alumnado libre. Marzo do ano de realización do exame.

- Os títulos de B2, C1 e C2 son emitidos pola consellería de educación e deben ser solicitados na secretaría da escola presentando a seguinte documentación:

  • Copia do DNI.
  • Impreso de solicitude de título (facilitado na secretaría da escola ou neste enlace).
  • Impreso de taxas modelo A (facilitado pola Escola ou en calquera entidade bancaria) pagado na entidade bancaria ou pagando a través de internet na oficina virtual tributaria. Preme neste enlace para ver como debes cubrilo.

                Taxas vixentes para o ano 2024:

                     - Normal: 25,91€.

                     - Familia numerosa de categoría xeral: 12,97€.

                     - Familia numerosa de categoría especial: Exenta do pago de taxas.

Toda a documentación ten que ser entregada fisicamente na secretaría da escola de Viveiro porque os impresos orixinais deben ser dilixenciados "a man" co selo oficial do centro.

A escola solicita os títulos á consellería cada mes de novembro, e tardan arredor de 2 anos en chegar á escola, que avisa mediante SMS ás persoas interesadas da chegada do título ao centro.

 

RECOLLIDA DOS TÍTULOS

Cando recolle o título a persoa interesada é necesario que se asine no libro de títulos.

Cando recolle o título outra persoa que non sexa a interesada, ten que traer unha autorización asinada pola persoa titular (na que conste nome e DNI de quen autoriza e da persoa autorizada) e unha fotocopia do DNI desta. A persoa que retire o título, identificarase co seu DNI asinará co seu nome e poñerá DNI e data de recollida.