Preinscrición

PREINSCRICIÓN CURSO 2023/24

Prazo: Do 26 de xuño ao 9 de xullo.

Farase en liña no seguinte enlace: https://www.eoidigital.com/preinsxunta . Non é necesario presentar ningunha documentación para preinscribirse. Para iniciar o proceso debes pulsar na parte superior esquerda (debaixo do escudo da Xunta) onde pon DAR DE ALTA. Importante! Non olvides o contrasinal que vas a crear, pois será necesario máis adiante.

A partir do día 11 de xullo poderás consultar, entrando co contrasinal que creaches para realizar a preinscrición, na aplicación web de preinscrición ( https://www.eoidigital.com/preinsxunta ) se estás admitido. De ser así, terás dispoñible, dentro do prazo de matrícula, nesa páxina un acceso directo á aplicación de matrícula (esta é a forma que lle recomendamos ao alumnado preinscrito para acceder ao enlace de matrícula).

Deberá facer preinscrición para poder matricularse o seguinte alumnado:

  • Alumnado que empeza no primeiro curso de nivel básico.
  • As persoas procedentes da proba de clasificación.
  • As persoas que solicitan acceso directo por titulación.
  • As persoas que se incorporan á ensinanza presencial tras superar as probas de certificación polo réxime libre.
  • As persoas procedentes de traslado de expediente.
  • Antigo alumnado que non estivera matriculado no curso 2022/23 polo réxime oficial, ou renunciase de forma oficial á súa matrícula.

Se xa cursaches estudios do idioma no que te preinscribes en algunha escola oficial de idiomas no curso 2017/18 ou anteriores, consulta as seguintes táboas para saber en que curso debes preinscribirte.

Instrucións para realizar a preinscrición en liña.