Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Erasmus+

Blog de difusión do programa Erasmus +

A EOI de Santiago de Compostela conta co blog Erasmus + na EOI de Santiago de Compostela como medio de difusión do seu Plan de desenvolvemento europeo e aproveitamento das axudas recibidas dentro da Acción clave 1 de mobilidade de profesorado de persoas adultas.

Neste blog iremos dando conta das novas que se produzan no desenvolvemento do noso proxecto, así como das mobilidades que se vaian realizando. Invitámosvos a todos a seguirnos!

Blog de difusión do programa Erasmus+ no centro

Estadia do profesor Geert De Troyer (Campus de Helix, Flandres)

O profesor GEERT DE TROYER participa nun proxecto Erasmus + que consiste nunha estadía de observación na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de  Compostela, do 4 ao 8 de abril do 2016. O obxetivo da estadía é coñecer prácticas innovadoras no ensino de linguas estranxeiras, así como achegarse á realidade social, cultural e lingüística de Galicia, que visita por primeira vez. Geert de Troyer é profesor de lingua francesa no ensino secundario e profesor de lingua española para adultos no centro Campus de Helix na provincia flamenca de Limburgo.

A EOI de Santiago acada unha axuda de 99.500€ do programa Erasmus+

O seu Plan de Desenvolvemento Europeo (PDE) para a mobilidade do persoal docente recibe a máxima asignación económica dos só 25 proxectos seleccionados en todo o Estado, cun importe total de subvencións adxudicadas de 578.000€.

Erasmus+Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014.- O Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE) vén de facer públicas as listaxes de solicitudes aprobadas, rexeitadas e en listaxe de agarda dos Proxectos de Mobilidade da Acción Chave 1 (sector Educación de Persoas Adultas) correspondentes á Convocatoria de Propostas do Programa Erasmus+, aprobado recentemente polo Parlamento Europeo.

Distribuir contido