Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Entrega da recadación da Feira solidaria do libro

O luns 14 de maio de 2018 ás 12:45 horas, no Salón de actos do centro, fixemos entrega á Fundación Andrea de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais da recadación obtida na Feira solidaria do libro, celebrada o pasado mes de abril. A súa directora, Amaya Castro, recolleu os 1.468 euros recadados e explicounos as diferentes actividades que levan a cabo na Fundación. Moitas grazas a todos os que participastes!!