Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Feira solidaria do libro, do 23 ao 25 de abril

Tes libros na casa que xa non usas? Queres gozar dunha boa lectura mentres aportas o teu gran de area? Trae os teus libros de texto, ficción, divulgación, manuais, libros de consulta, dicionarios, cómics, etc. e compra outros que che interesen.

Participa na Feira solidaria do libro:

  • doando libros novos ou de segunda man, ou ben
  • mercando os libros á venda por un prezo simbólico

Recollida de doazóns: do 16 ao 20 de abril na conserxería da EOI en Vite.

Horario de venda: do 23 ao 25 de abril de 2018. Mañás de 10:30 a 13:30 e tardes de 17 a 20

Os fondos recadados entregaranse integramente á Fundación Andrea de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Os libros que non se vendan doaranse á biblioteca do centro ou a outras bibliotecas de Santiago.

Anímate a participar!