Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Trip to Stockholm (Sweden)

Estocolmo

O prezo da viaxe, do 26 o 30 de abril de 2018, ronda os 600 euros, e inclúe:
- Billetes de avión de ida e volta con IBERIA dende Santiago.
- Traslado ao hotel dende o aeroporto e viceversa.
- Estancia en réxime de aloxamento e almorzo (breakfast)  nun hotel de 4 estrelas.
- Habitacións dobles ou triples.
- Póliza de Seguro de Asistencia e Responsabilidade Civil

Hai un máximo de 25 prazas para o alumnado, coas seguintes condicións:
- Alumnado oficial de inglés matriculado no curso 2017-18 (Vite e seccións)
- Só alumnado maior de idade.
- Asistencia obrigatoria as actividades programadas, que serán en inglés.

As inscricións para reservar praza aceptaranse a partir do martes 14 ás 09:00 enviando un email ao enderezo pares[@]eoisantiago.org incluíndo:
- o nome completo,
- curso e nome do profesor/a
- teléfono móbil
- só se admite unha inscrición por cada correo electrónico
 
As 25 prazas cubriranse por estrita orde de chegada dos correos.

Organizado polo Departamento de inglés.

https://www.visitstockholm.com/

http://www.ef.se/epi/

Imaxe de Benoît Derrier

CLÁUSULA DE INFORMACIÓN
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo/la de que os datos persoais facilitados quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar este procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable do ficheiro, solicitándoo ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, ou mediante o envío dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.es.