Eleccións para a renovación do Consello Escolar

Tras se realizaren as votacións para a renovación do Consello Escolar, resultaron electos os cinco representantes do sector do profesorado e os tres do sector do alumnado que se presentaron. As actas das sesións de escrutinio e proclamación de candidaturas electas pódense consultar no taboleiro de anuncios acristalado da entrada. A sesión de constitución do novo consello escolar celebrarase o día 14 dedecembro.                                       

Neste mes de novembro vaise realizar o proceso de renovación do consello escolar do centro. De acordo co calendario aprobado pola xunta electoral, o prazo de presentación de candidaturas, para todos os sectores da comunidade educativa, será do 10 ao 17 de novembro, ambos incluídos. Máis info aquí.