Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Certame aRi[t]mar 2016-2017

XA TEMOS POETAS E POEMAS GAÑADORES!!! Pica nas ligazóns e leos!  

Terradentro   Fui a Bruges esquecer um amor

VOTACIÓNS POESÍA até o día 20 de maio

Xa temos os poemas finalistas da Galiza e de Portugal! Comezan as votacións!
Já temos os  poemas finalistas da Galiza e de Portugal! Começam as votações!

Vota para escolleres o mellor poema galego de 2016 aquí. Podes lelosaquí.
Votem para escolherem o melhor poema galego de 2016 aqui. Podem lê-los aqui.

Vota para escolleres o mellor poema português de 2016 aquí. Podes lelos aquí.
Votem para escolherem o melhor poema português de 2016 aqui. Podem lê-los aqui.

Atención: as votacións son anónimas, mais para garantirmos que só haxa un voto por persoa, ao accederes aos formularios de votacións pedirase un correo-e e contrasinal. Porén, estes datos non ficarán rexistrados.

Atenção: as votações são anónimas, mas para garantirmos que só haja um voto por pessoa, ao acederem aos formulários de votações pedir-se-á um email e palavra-passe. Porém, estes dados não ficarão registados.

 

  NOVA HORA!!!  A melhor leitura será a do melhor poema!

Turmas de português concorrem a defender cada um dos poemas do aRi[t]mar

As turmas de português concorrem a defender cada um dos poemas portugueses pré-selecionados do aRi[t]mar, declamados com acompanhamento musical. Será que a melhor leitura vai coincidir com o poema vencedor?

Data, hora e lugar: 15 de maio às 20h na sala de atos.

 

No 25 de abril, Narf premio á Embaixada da amizade galego-lusófona

Con este premio o xurado pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído á divulgación da música e da poesía galego-portuguesa actuais, para achegar a cultura e a lingua dos dous países ao abeiro da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e os vínculos coa lusofonía.

Deste xeito, será premiado a título póstumo Fran Pérez, Narf. A entrega desta distinción á súa familia, igual que as gañadoras nas modalidades de música e poesía, realizarase na gala que se celebrará en outubro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, no escenario en que un ano atrás actuaba por última vez, antes da súa morte.

O xurado acordou conceder este premio a Fran Pérez, Narf (Silleda, 1968), finado o 15 de novembro de 2016, motivado por ser un cantante e compositor galego dedicado a construír pontes de colaboración e afecto no ámbito lusófono. Narf deu o seu último recital nunha actuación conxunta coa banda mozambicana Timbila Muzimba, no festival Womex da capital galega. Con anterioridade, tiña desenvolvido o proxecto “Aló irmão”, co músico guineano Manecas Costa, que fora presentado e gravado tamén no Teatro Principal da capital do noso  país. Foi un dos grandes defensores e impulsores do achegamento musical entre Galiza e a lusofonía.

 

 

 SES e QUINTA DO BILL,

GAÑADORES DOS PREMIOS aRi[t]mar DA MÚSICA GALEGO-PORTUGUESA!!! 

 

VOTACIÓNS MÚSICA

Xa temos as músicas finalistas da Galiza e de Portugal! Comezan as votacións!
Já temos as músicas finalistas da Galiza e de Portugal! Começam as votações!

Vota para escolleres a mellor canción galega de 2016 aquí. Podes velas e ouvilas en versión reducida aquí e en versión completa aquí.
Votem para escolherem a melhor música galega de 2016 aqui. Podem vê-las e ouvi-las em versão reduzida aqui e em versão completa aqui.

Vota para escolleres a mellor canción portuguesa de 2016 aquí. Podes velas e ouvilas en versión reducida aquí e en versión completa aquí.
Votem para escolherem a melhor música portuguesa de 2016 aqui. Podem vê-las e ouvi-las em versão reduzida aqui e em versão completa aqui.

Atención: as votacións son anónimas, mais para garantirmos que só haxa un voto por persoa, ao accederes aos formularios de votacións pedirase un correo-e e contrasinal. Porén, estes datos non ficarán rexistrados.

Atenção: as votações são anónimas, mas para garantirmos que só haja um voto por pessoa, ao acederem aos formulários de votações pedir-se-á um email e palavra-passe. Porém, estes dados não ficarão registados.

 

Que é o aRi[t]mar?

aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, e que ten por obxectivo divulgarmpos a música e a poesía galego-portuguesa actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. 

 
Coa organización do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués, ao longo do ano lectivo traballamos de forma didáctica os textos e as músicas co noso alumnado e, posteriormente, escóllense mediante votación online as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior, neste caso, en 2016. Consta de catro categorías:
  • Mellor tema musical galego
  • Mellor tema musical portugués
  • Mellor poema galego
  • Mellor poema portugués
 
Como colofón, en outubro celébrase unha Gala de premios con actuacións e intervencións dos galardoados e que conta co patrocinio das secretarias xerais de Cultura e de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago, e a colaboración da Deputación provincial da Coruña e do Instituto Camões, cuxos centros de España e Portugal tamén participan a partir deste ano lectivo na escolla dos premiados.

Convidarase a votar toda a comunidade educativa, virtual e social da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, e ao público en xeral, quer galego, quer portugués, entre 10 poemas e cancións finalistas seleccionadas polo noso xurado, composto polos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Sortearanse CDs e libros entre as persoas que votaron por internet a través dunha aplicación online

Ademais, este ano únense tamén ao proxecto os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza: IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela), IES Félix Muriel (Rianxo), IES de Valga, IES Valadares (Vigo), IES Politécnico (VIgo), IES A Sangriña (A Guarda), CEIP Mariñamansa (Ourense), CEIP Manuel Luís Acuña (Ourense), CEIP Oimbra e CEIP Princesa de España (Verín), que se suman ao Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, ás Escolas Oficiais de Idiomas de Lugo e de Pontevedra e á Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

        Calendario do certame 2016/2017

Finais de decembro 2016

-Músicas propostas para finalistas polo xurado. Concluído!!

Finais de xaneiro 2017

-10+10 músicas finalistas escollidas polo xurado. Concluído!

       8 de febreiro de 2017        -Músicas finalistas dadas a coñecer en acto público e comezo das               votacións. Concluído!

10 de marzo 2017

-Poemas propostos para finalistas polo xurado. Concluído!

20 de marzo 2017

-Músicas gañadoras votadas e escollidas pola comunidade educativa, virtual e social da EOI, polas escolas e universidades da rede CAMÕES na Galiza en coordinación coa Coordenação do Ensino Português Espanha e Andorra; polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, polas Escolas Oficiais de Idiomas de Lugo e de Pontevedra e pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. ben como polo público en xeral. Concluído!

24 de abril

-Premio especial do xurado á Embaixada da Amizade galego-lusófona escollido.

31 de marzo 2017

 -10+10 poemas finalistas escollidos polo xurado. Concluído!

20 de maio 2017

-Poemas gañadores votados e escollidos pola comunidade educativa, virtual e social da EOI, polas escolas e universidades da rede CAMÕES na Galiza en coordinación coa Coordenação do Ensino Português Espanha e Andorra; polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, polas Escolas Oficiais de Idiomas de Lugo e de Pontevedra e pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. ben como polo público en xeral

Finais de outubro 2017.

Gala de entrega de premios e actuacións.

 

 Actividades anteriores

SORTEO DE LOTES DE LIBROS PARA PARTICIPANTES NAS VOTACIÓNS

O venres 20 de xaneiro, ás 11 h, na secretaría do centro, celebrarase o sorteo público para adxudicarmos uns lotes de libros a varias persoas dentre as que participaron nas votacións para escoller os premios aRi[t]mar 2016. Posteriormente, a comezos de febreiro, estes lotes seranlles entregados nun acto en que tamén coñeceremos as músicas finalistas do certame deste ano e asistiremos á estrea dun pequeno documental sobre a Gala 2016.

SORTEIO DE LOTES DE LIVROS PARA PARTICIPANTES NAS VOTAÇÕES

Sexta-feira 20 de janeiro, às 11h, na secretaria do centro, celebrar-se-á o sorteio público para atribuirmos uns lotes de livros a várias pessoas dentre as que participaram nas votações para escolher os prémios aRi[t]mar 2016. Posteriormente, no começo de fevereiro, estes lotes serão entregues num ato em que também conheceremos as músicas finalistas do certame deste ano e assistiremos à estreia dum pequeno documentário sobre a Gala 2016.

 

ARI[T]MAR 2015-2016

Imaxe da gala de premios aRi[t]mar 2015 celebrada o 25 de outubro de 2016 no Teatro Principal de Santiago:Premiados e representantes institucionais a

Poesías gañadoras

Galiza
Gañador: O corazón (María do Cebreiro, O deserto); 2º posto: Engano (Baia Fernández de la Torre, Unha viaxe de ruminantes); 3º posto: dezaseis (María Lado, Oso, mamá, si?)

Portugal
Gañador: Não sei, minha filha... (José Ricardo Nunes, Andar a par); 2º posto: Eva e Lilith (Nuno Júdice, Convergência dos ventos); 3º posto: Não sei como dizer, e todavia (Ana Luísa Amaral, E todavia)

Podes lelas, tanto gañadoras como finalistas picando en Poesías Galiza e Poesías Portugal

E escoitar os gañadores na canle do Departamento de Portugués en YouTube.

As músicas gañadoras: Galiza: Cantiga da montaña (Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre), Portugal: Medusa (Capicua). As segundas máis votadas: Soa (Coanhadeira) e Irmão de sangue (Luísa Sobral). As terceiras: Como eu canto (Ses) e Insular (Aline Frazão). Tamén podes escoitar todas as que foron finalistas aquí: galegas e portuguesas.

        O calendario para o ano lectivo 2015/2016 é como segue:

 Finais de xaneiro 2016

 10+10 músicas finalistas escollidas polo xurado. Proceso concluído!

 Finais de febreiro 2016

 Músicas gañadoras votadas e escollidas pola comunidade educativa, virtual e social da EOI, e o público en xeral. Proceso concluído!

 Finais de febreiro 2016

 Propostas de poemas finalistas propostos polo xurado. Proceso concluído!

Finais de marzo 2016

 10+10 poemas finalistas escollidos polo xurado. Proceso concluído!

20 de maio 2016

Poemas gañadores votados e escollidos pola comunidade educativa, virtual e social da EOI. Proceso concluído!

25 de outubro 2016. 20:00 h. Teatro Principal de Santiago de Compostela

Gala de entrega de premios e actuacións. Evento realizado!