Lettera alla Befana

BefanaQueres ser orixinal? Este ano pasa de Papá Noel e os Reis Magos e pídelle os teus desexos á Befana italiana. En Italia o personaxe que trae os regalos a noite do 5 de xaneiro é a Befana, unha das poucas mulleres que se encarga desa durísima tarefa.

Desde o departamento de italiano propoñémosvos que lle fagades unha pequena carta á Befana para pedirlle agasallos ou algún desexo.

Do 14 ao 18 de decembro 2015, na entrada da EOI.