Laboratorio di pasticceria italiana: tiramisù

TiramisùGústanche os doces italianos? Queres aprender a facer un delicioso tiramisù ao estilo italiano? Ven manchar as mans connosco e convírtete nun “pasticciere” de primeira.

Venres, 21 de novembro de 2014, ás 10:30 no Salón de Actos da EOI de Santiago de Compostela.

Elisa Vacalebri ensinaranos a facer o doce italiano máis internacional: o tiramisù. Se queredes participar, deberedes traer:

  • Por cada participante: un mandil, unha culler, un coitelo, un garfo e un pouco de papel de cociña.
  • Por cada grupo de 3 ou 4 participantes: unha cunca grande (tipo bol ou ensaladeira), dúas cuncas medianas (como para os cereais) e un batidor de man (ou batidora eléctrica se o preferides).

 

Organiza: Departamento de italiano

Foto | aemosion en Wikimmedia Commons

Pode descargar o cartel aquí.