Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Adxudicación de vacantes tras fin de matrícula (curso 2017-2018)

Unha vez finalizados os prazos regulares de matrícula, a EOI pon a disposición as vacantes resultantes segundo o seguinte procedemento e calendario.

As vacantes dispoñibles iranse actualizando cada día. Consúlteas aquí: 

Vite e Sar (inglés)             Vite (demais idiomas)            Negreira, Noia, Ordes, Ribeira

 

A. Vacantes en Santiago-Vite e Santiago-Sar

1. Alumnado non admitido na preinscrición (*exclusivamente alumnado preinscrito ata o 14 de setembro que resultou non admitido):

(Finalizado)

2. Público en xeral (non preinscrito).

A partir do martes, 26 de setembro, todas as vacantes restantes serán ofrecidas ao público en xeral, sen necesidade de preinscrición previa, directamente no salón de actos do centro en horario de secretaría (de 9 a 14 h todos os días e de 16:30 a 18:30 os martes e xoves). 

B. Vacantes nas seccións de Negreira, Noia, Ordes e Ribeira

As vacantes nas seccións dependentes de Negreira, Noia, Ordes, e Ribeira serán adxudicadas desde o 25 de setembro polas xefaturas das respectivas seccións no horario fixado a este efecto nos IES que as acollen. Consulte aquí os datos de contacto das seccións.

C. Como formalizo a matrícula se obteño unha vacante?

Presenta o resgardo da túa reserva de praza, o xustificante de pago e o resto de documentación na secretaría do centro (ou nas xefaturas das seccións de Noia, Ordes e Ribeira se te matriculas alí). Debes formalizar nos dous días seguintes á obtención da da vacante.