Acceso por proba de clasificación

Guía fácil sobre a proba de clasificación

Instrucións PCL de Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela

 

Información detallada sobre a proba de clasificación

A proba de clasificación está pensada para o alumnado que se quere matricular por primeira vez nos estudos oficiais da EOI e xa ten coñecementos previos do idioma. A proba de clasificación non certifica o nivel de competencia do alumnado, senón que simplemente diagnostica o seu nivel de acceso, e permite comezar os estudos desde un curso adiantado.

Pinche nas seguintes ligazóns para obter mais información sobre este xeito de acceso:

Consideracións previas

Se está considerando presentarse á proba de clasificación debe saber que:

  • a proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente calibra o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
  • a proba de clasificación non outorga automaticamente unha praza: o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
  • non poderán facer a proba de clasificación o alumnado matriculado en modalidade oficial no mesmo idioma neste curso ou no inmediatamente anterior
  • a proba daralle acceso a un curso concreto e só a ese curso: non poderá matricularse nun curso inferioir ao que indique a proba
  • a proba terá validez para matricularse durante durante dous cursos 
  • se a proba lle dera acceso a un nivel xa cursado e/ou superado anteriormente, a proba quedará sen efecto
  • para acceder aos estudos das EOI, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOI (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma estranxeiro é o mesmo que o cursado na ESO; 14 anos se é un idioma diferente)
  • a proba é compatible coa matrícula en modalidade libre
  • a proba non anula outras opcións de acceso (pode optar polo acceso directo aínda que faga a proba de clasificación)

Prazo de inscrición na proba de clasificación

Para ao curso 2023-2024, o prazo de inscrición para a proba de clasificación anunciarase. As datas de exame pódense consultar aquí

Procedemento de inscrición nas probas de clasificación

Para formalizar a súa inscrición nas probas de clasificación deberá:

  1. Descargar o formulario de inscrición e cumprimentalo; deberá cubrir un impreso por cada idioma ao que se presente.
  2. Pagar a taxa correspondente (consulte as instrucións para pagar as taxas aquí).
  3. Enviar ao enderezo de correo-e secretaria@eoisantiago.org, no prazo establecido, a documentación completa en formato pdf: o/s formulario/s de inscrición debidamente cumprimentado/s, unha copia do seu documento de identidade (DNI ou NIE), e o resgardo do pago da taxa. Rotule adecuadamente o asunto do correo (por exemplo: Asunto: inscrición PCL Pedro Smith García)

Importe da proba de clasificación

A taxa para inscribirse nesta proba é de 17 € por idioma. Hai exencións para familias numerosas, alumnado con grao de discapacidade, e outros (deberase acreditar o dereito á exención en todos os casos). Aquí pode consultar información detallada sobre as taxas.