Este ano temos preparado unha celebración do Día Internacional da Muller moi literaria!
Do 8 ao 31 de marzo, descubre nos nosos corredores "Mulleres escritoras", unha exposición interactiva arredor dunha selección de novelistas e poetisas en seis idiomas. Ven co teu dispositivo móbil, captura os códigos QR e escoita o noso alumnado recitando algúns extractos das súas obras.
Saberías dicir pola foto o nome dalgunha delas? Escoita o noso alumnado recitar os seus textos na nosa Canle de YouTube!