Únete ao coro da EOI de Santiago!

Únete ao coro!Sabías que a música é unha maneira excelente de practicar os idiomas e mellorar a túa pronuncia? Non o dubides e únete ao coro da escola!!! Non é necesario ter coñecementos previos de música, tan só ganas de cantar e pasalo ben. Dirixido por Narci Rodríguez, traballarase con cancións en diferentes linguas.

O coro reunirase os todos os luns das 16:00 ás 17:00 horas no Salón de actos. A primeira sesión será o vindeiro 3 de outubro. Non é necesaria inscrición previa.

A túa voz conta!!!