Faixa 20 aniversario

Cursos monográficos 2022-2023

Información sobre os cursos monográficos ofertados para o ano académico 2022-2023.

Os cursos monográficos están abertos ao público en xeral e son de matrícula directa (sen preinscrición), ata esgotarse as prazas dispoñibles. O período de matrícula estará aberto desde o 20 de xuño ata o 7 de setembro

Pique no título do curso para matricularse. Deberá cargar na aplicación a seguinte documentación: copia do DNI/NIE, copia do xustificante de pagamento das taxas, copia do xustitficacnte de exención de pagamento (de ser o caso).

 

Sección de Noia

Actualización das destrezas de comprensión, produción e coprodución, e mediación de textos orais, dirixidos ao público xeral, nivel C (IN-PUB-PCO/CO-SEMI-C1-120C-1)

MODALIDADE: semipresencial. DURACIÓN: 120 horas, anual. HORARIO: mércores e venres de 17:30 a 19:30 h.

DESCRICIÓN: Este curso está destinado a persoas que desexen manter e ampliar a súa competencia lingüística no nivel C, a través da práctica das destrezas de comprensión, produción e coprodución, e mediación, de textos orais 

REQUISITOS DE ACCESO: posuír o nivel C1 de EOI (ou equivalente)

TAXAS (aplícanse as exencións establecidas): apertura de expediente: 22 € (só para novo alumnado); servizos xerais: 13 €; matrícula: 180 € (total 215 €)

 

Sección de Ribeira

Actualización das destrezas de comprensión, produción e coprodución, e mediación de textos orais, dirixidos ao público xeral, nivel C1 (IN-PUB-PCO/CO-C1-60A-1)

MODALIDADE: presencial. DURACIÓN: 60 horas, 1º cuadrimestre. HORARIO: xoves e venres, de 16:00 a 18:00 h.

DESCRICIÓN: este curso está destinado a persoas que desexen manter e ampliar a súa competencia lingüística no nivel C1, centrándose na práctica das destrezas de comprensión, produción e coprodución, e mediación, de textos orais 

REQUISITOS DE ACCESO: posuír o nivel C1 de EOI (ou equivalente)

TAXAS (aplícanse as exencións establecidas): apertura de expediente: 22 € (só para novo alumnado); servizos xerais: 13 €; matrícula: 90 € (total 125 €) 

 

Sección de Santiago-Sar

Preparación das probas libres de certificación de nivel B2 (IN-PUB-SEMI-B2-60A-1)

MODALIDADE: semipresencial. DURACIÓN: Duración: 60h, 1º cuadrimestre. HORARIO: luns, 18:00-20:00 h.

DESCRICIÓN: Curso dirixido a actualizar e ampliar a competencia lingüística dos destinatarios do curso para que poidan ser quen de alcanzar o nivel B2 e recibir unha preparación específica de cara ás probas oficiais de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

REQUISITOS DE ACCESO: Recoméndase ter rematado o curso B2.1 ou B2.2 de EOI (ou equivalentes)

TAXAS (aplícanse as exencións establecidas): apertura de expediente: 22 € (só para novo alumnado); servizos xerais: 13 €; matrícula: 90 € (total 125 €) 

Preparación das probas libres de certificación de nivel C1 (IN-PUB-SEMI-C1-60A-1)

MODALIDADE: semipresencial. DURACIÓN: Duración: 60h, 1º cuadrimestre. HORARIO: mércores 16:30-18:30 h.

DESCRICIÓN: Curso dirixido a actualizar e ampliar a competencia lingüística dos destinatarios do curso para que poidan ser quen de alcanzar o nivel C1 e recibir unha preparación específica de cara ás probas oficiais de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

REQUISITOS DE ACCESO: recoméndase ter rematado o curso C1.1 ou C1.2 de EOI (ou equivalentes) 

TAXAS (aplícanse as exencións establecidas): apertura de expediente: 22 € (só para novo alumnado); servizos xerais: 13 €; matrícula: 90 € (total 125 €) 

Actualización e perfeccionamento de destrezas orais de nivel C (IN-PUB-PCO/CO-C-60A-1)

MODALIDADE: presencial. DURACIÓN: Duración: 60h, 1º cuadrimestre. HORARIO: luns e xoves, 16:30-18:30 h.

DESCRICIÓN: Este curso está destinado fundamentalmente a persoas que desexen manter e ampliar a súa competencia lingüística no nivel C a través da práctica das destrezas de comprensión, produción e coprodución, e mediación, de textos orais.

REQUISITOS DE ACCESO:  posuír o nivel C1 de EOI (ou equivalente)

TAXAS (aplícanse as exencións establecidas): apertura de expediente: 22 € (só para novo alumnado); servizos xerais: 13 €; matrícula: 90 € (total 125 €)