A Consellería vén de comunicar os prazos de matrícula oficial para o curso 2022-2023, que para a EOI de Santiago de Compostela son:
> Alumnado oficial APTO en convocatoria ordinaria: 20 - 30 de xuño
> Alumnado oficial APTO, NON APTO ou NON PRESENTADO en convocatoria extraordinaria: 1 - 7 de xullo
> Alumnado de novo acceso (todo o alumnado que non cursou no curso 2021-2022, incluíndo o que renunciou voluntariamente á matrícula):
Preinscrición: 27 de xuño - 10 de xullo (adxudicación de prazas o 12 de xullo)
Matrícula para alumnado con praza adxudicada: 12 - 18 de xullo
Matrícula para alumnado que non foi admitido na preinscrición: 19 - 21 de xullo