A Instrución 3/2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, regula as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e de That's English para o curso 2022/23, ás que pode presentarse o alumnado inscrito nos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), o alumnado dos cursos de actualización de galego (CALG), e o alumnado do programa CUALE.
Prazo para matricularse (só alumnado CALC, CALG e CUALE): das 00:00 h do luns, 10 de abril, ata ás 12:00 h. do venres, 14 de abril
Para poderse presentar, o alumnado CALC, CALG e CUALE deberá matricularse previamente, tal e como establece o punto 2 da devandita Instrución 3/2023, do seguinte xeito:
- o impreso de matrícula xerado pola aplicación web de matrícula, onde se indique(n) o(s) idioma(s) e o nivel ou niveis no(s) que se matricula
- de ser o caso, o resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013
- unha fotocopia do DNI ou do NIE
- para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2023, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado, consonte o modelo do anexo II
- para o alumnado dos cursos CALC, o documento da realización do curso, emitido polo CFR, onde conste que cumpre co requisito de asistencia.
Acceso á aplicación de matrícula (operativa só no prazo establecido) |
||
Información sobre avaliación | Información sobre taxas e pagamento |
A documentación presentarase dende a ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta/ As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
Calquera dúbida sobre o procedemento resolverase no tfno. 881 867 901/02.