Información sobre a avaliación

INSTRUCIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN OS NOVOS BAREMOS DE CUALIFICACIÓN PARA AS  PROBAS DOS MÓDULOS NON TERMINAIS DE THAT'S ENGLISH! 

MÓDULOS DO NIVEL BÁSICO A2

As probas estruturaranse en catro partes:

  • comprensión de textos orais
  • produción, coprodución e mediación oral
  • comprensión de textos escritos
  • produción, coprodución e mediación escrita 

A puntuación total da proba será de 40 puntos e cada unha das catro partes en que se estrutura terá un valor de 10 puntos.

Para superar a proba será necesario acadar, polo menos, 6 puntos en cada unha das actividades de lingua. 

A cualificación outorgada ao alumnado será de "Apto" ou "Non apto

 

MÓDULOS DOS NIVEIS INTERMEDIO B1, INTERMEDIO B2 e AVANZADO C1

As probas estruturaranse en cinco partes:

  • comprensión de textos orais
  • comprensión de textos escritos
  • produción e coprodución de textos orais
  • produción e coprodución de textos escritos
  • mediación

A puntuación total da proba será de 50 puntos e cada unha das cinco partes en que se estrutura terá un valor de 10 puntos. Para superar a proba será necesario acadar, polo menos, 5 puntos en cada actividade de lingua e, ademais, obter unha puntuación mínima de 32,5 puntos no total da proba.

A cualificación outorgada ao alumnado será de "Apto" ou "Non apto