NOVO CALENDARIO DE PROBAS LIBRES DOS NIVEIS B2 E C1 DE GALEGO E B1, B2 E C1 DE INGLÉS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de comunicar as novas datas das probas escritas de certificación de Galego e Inglés que foran canceladas: 

-Galego - nivel intermedio B2: 6 de novembro, 10:00h.

-Galego - nivel avanzado C1 (1ª quenda: 1º apelido do A ao L): 2 de novembro, 10:00 h. 

-Galego - nivel avanzado C1 (2ª quenda: 1º apelido do M ao Z): 5 de novembro, 10:00 h.

-Inglés - nivel intermedio B1: 28 de outubro, 16:00h.

-Inglés - nivel intermedio B2: 4 de novembro, 16:00 h.

-Inglés - nivel avanzado C1: 28 de outubro, 16:00 h.

Teña en conta que:

-As convocatorias para as probas orais (en que figurarán data e hora) daranse a coñecer en breve e sempre cunha semana de antecedencia. Permaneza atento á sección de calendario de exames desta páxina web.

-Para acceder ao centro para realizar tanto as probas orais como as escritas, deberá chegar á hora indicada nas propias convocatorias do calendario de exames, e terá que seguir en todo momento o protocolo de medidas hixiénico-sanitarias.

-O alumnado afectado que non poida realizar as probas nas datas estabelecidas poderá renunciar á matricula e solicitar a devolución das taxas aboadas. Para iso, deberá enviar este formulario, xunto coa documentación que nel se indica, a secretaria@eoisantiago.org. O último día para formalizar esta renuncia será o 26 de outubro.

IMPORTANTE! O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente. O feito de que haxa máis de un día para a realización de ditas probas, non implica que esa proba se celebre en todas as seccións nin que o alumnado poida elixir o día e hora no que se vaia presentar. Polo tanto, todo/a alumno/a deberá consultar as convocatorias ou chamamentos concretos das probas de expresión oral, que se poderán celebrar antes ou despois da proba escrita.

NOTA: As datas das probas son inamovibles. A proba oral só se poderá cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data e sempre que se comunique a necesidade do cambio con anterioridade á data de celebración das probas e se xustifique dita necesidade documentalmente.