Información sobre a avaliación

Información sobre a avaliación

Consulte a información sobre a avaliación e características das probas de promoción e certificación dos diferentes cursos e niveis premendo nesta ligazón

Probas escritas

calendario final de probas elaborarao o centro unha vez a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas Especiais publique as datas oficiais das Probas de Certificación.  As datas das probas son inamovibles.

Probas de expresión oral

O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente, e poderá celebrarse con anterioridade ou posterioridade á proba escrita. O feito de que haxa máis dun día para a realización de ditas probas non implica que o alumnado poida elixir o día e hora na que se vaia presentar. Polo tanto, todo alumno/a deberá consultar as convocatorias oficiais das probas de expresión oral.

Modelos de probas

Non hai dispoñibles mostras de probas adaptados ao novo plan de estudosNesta ligazón pode acceder a modelos de probas do anterior plan de estudos.