Solicitude de cita previa para revisión de exames

A revisión de exames farase exclusivamente con cita previa, segundo as datas publicadas no calendario de exames de cada departamento. 

Debido ás circunstancias de emerxencia sanitaria, as datas de revisión están dispoñibles só para alumnado con cualificación de "Non Apto" (o alumnado "Apto" poderá revisar o exame, se así o quixer, unha vez remate o período extraordinario de exames).

 

Se despois da revisión o alumnnado estivese disconforme coa súa cualificación obtida, dispón de tres días hábiles desde o día de publicación das notas para presentar reclamación contra a cualificación. Para facelo débese enviar este formulario ao enderezo de correo electrónico secretaria@eoisantiago.org.