ESTADO DE ALARMA

INFORMACIÓN ACTUALIZADA O 16/03/2020

Durante o Estado de Alarma e ata novas instrucións, o centro permanecerá pechado ao alumnado e ao público en xeral.

O profesorado desta EOI e das seccións que dela dependen vai desenvolver os seus labores de titorización e atención ao alumnado por medios non presenciais. Pode poñerse en contacto co seu profesor/a a través  do enderezo de correo electrónico que aparece no apartado PROFESORADO do idioma correspondente, quen lle informará sobre o traballo e seguimento do mesmo que vai realizar, que será equivalente ao número de horas lectivas suspendidas, así como os medios non presenciais que se vai empregar.

As consultas ou asuntos urxentes relacionados coa xestión do centro atenderanse a través do correo–e eoi.santiago@edu.xunta.es.

Iremos informando das novidades que vaian xurdindo a través desta páxina web.