Charla: Alemaña – 30 anos despois da caída do muro

Reunificación alemáPor que moitos alemáns orientais aínda se senten como cidadáns de segunda clase hoxe en día? Por que cren que a reunificación alemá non foi exitosa? Gustaríanos falar destas e outras cuestións nunha conferencia. Convidamos cordialmente a todos os estudantes e profesores. A conferencia darase en galego e alemán.

Relatores: Ina Wünschmann, Fran Pose e David Álvarez, profesores do centro.

Data e lugar: Xoves, 28 de novembro de 2019, ás 18.30h no Salón de Actos (Vite).