Concurso de relatos de medo en Noia

Historias de terrorParticipa no concurso de relatos de medo en francés e inglés na sección de Noia. Tes ata o 28 de outubro para entregar o teu relato máis arrepiante. Daremos a coñecer a persoa gañadora para cada nivel o mércores 30 de outubro, día de celebración de Halloween.

Número de palabras por nivel:
-    Nivel A (A1 e A2): 150 palabras
-    Nivel B (B1, B2.1 e B2.2): 200 palabras
-    Nivel C (C1.1 e C1.2): 250 palabras

Anímate a sacar o Poe que levas dentro!

Organizado polos departamentos de inglés e francés na sección de Noia.