30 anos da caída do muro de Berlín

Exposición sobre a caída do Muro de BerlínHai 30 anos, o 9 de novembro de 1989, caeu o Muro de Berlín.

O Departamento de Alemán ten o pracer de convidar todo o alumnado a visitar a nosa exposición sobre esas décadas emocionantes e dramáticas da división e a reunificación de Alemaña na EOI de Santiago (Ver tríptico).

A exposición consta de dúas partes na planta baixa e no primeiro andar. Na primeira parte pódese atopar información sobre a división de Alemaña, a vida co muro e os aspectos culturais e políticos en Berlín Oeste e Berlín Leste amais da República Democrática Alemá. Os textos preséntanse en alemán e inglés [Versión en galego: realizada polo alumnado da materia Tradución Especializada para os Servizos Culturais Alemán-Galego, 4º curso do grao en Tradución e Interpretación (Universidade de Vigo), titorizada pola docente Patricia Buján Otero].

Ademáis existen códigos QR con ligazóns a entrevistas curtas con testemuñas contemporáneas (en alemán con subtítulos en galego) e a vídeos noutras linguas.

A segunda parte da exposición, co título "Desde a Revolución Pacífica ata a reunificación de Alemaña" é unha exposición oficial da ‘Fundación federal para a revisión histórica da dictadura do SED’  (Partido Socialista Unificado de Alemaña). Tematízase o tenso desenvolvemento político na RDA ata a caída do muro. Os textos preséntase en alemán, inglés e galego.

Desexamos que gocedes da exposición e agardamos con expectación os vosos comentarios e reaccións.